O Concello de Carballeda de Avia activará o proxecto ACTIVAVERDE, un programa que impulsa o uso de montes e terras agrarias abandoadas para o seu aproveitamento como hortas ecolóxicas, co obxectivo de converter paisaxe agraria do municipio nunha aliada fronte ao cambio climático e os lumes.
Un proxecto que foi presentado onte no Centro Social de Muimenta, a aldea modelo deste municipio da comarca do Ribeiro en cuxa superficie está previsto o seu desenvolvemento, tal e como nos explicou Adrián Moreira, enxeñeiro forestal, técnico que será o encargado de coordinar este programa para o Concello de Carballeda de Avia.
Entre os participantes na xornada estivo Juan Picos, profesor de Enxeñería Forestal de la Universidade de Vigo, que impartíu o relatorio “Bioeconomía para a mellora da infraestrutura verde e a resiliencia a incendios”. A continuación, expuxéronse catro casos de boas prácticas no territorio: José Taboada falou da xestión multifuncional do MVMC de Vincios; Amaia Santamarta Benito presentou a Escola de Pastores de OVICA; Rubén Gutiérrez abordou la olivicultura como oportunidade para a infraestrutura verde, e Melissa Terán explicou a apicultura rexenerativa de Meleiras de Suído. Pola tarde, Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA, guiou unha visita de campo a Muimenta Viva para coñecer o seu coliving, a rehabilitación da aldea modelo e o seu programa de arraigamento.
ACTIVAVERDE parte dunha idea sinxela: os montes e as terras agrarias ben xestionados prestan servizos que benefician a toda a sociedade. Protexen a biodiversidade, regulan a auga, reducen a carga de combustible que alimenta os incendios e xeran actividade económica en zonas que perden poboación. Para demostralo sobre o terreo, o proxecto implantará cinco sistemas agrarios multifuncionais cun enfoque de silvicultura rexenerativa e aproveitamento silvopastoril.
Entre eles, figuran un sistema agroforestal no monte veciñal de Paraños (Covelo), varias actuacións en Ribeira de Piquín e un espazo de horta ecolóxica experimental en terreos afectados por un incendio forestal. O traballo apóiase na planificación participativa e na ciencia cidadá. Ademais, alíñase coa Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas (EGIVCRE). O proxecto contempla tamén plans operativos de bioeconomía para a comarca de Ou Condado-A Paradanta e Ribeira de Piquín, así como o impulso de canles curtas de comercialización.
Así, ACTIVAVERDE busca reforzar a infraestrutura verde de Galicia a través de la bioeconomía agraria. A iniciativa está impulsada por la Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Fundación TerrEO, o GDR Terra e Auga e o Concello de Carballeda de Avia.
















