Manuel Baltar: “Confirmado oficialmente: Rodríguez Villarino, contra os autónomos e as Pemes de Ourense”

O presidente da institución provincial esixe a dimisión do representante do grupo socialista na Deputación de Ourense e a destitución do subdelegado do Goberno en Ourense, “o primeiro, por instigador da loita contra os autónomos e as Pemes, poñendo en perigo as axudas económicas polo COVID-19, e o segundo por executor da orde de Rodríguez Villarino e pola utilización partidista da Sudelegación”, afirma

“En política, mentir é sinónimo de dimisión, e Rodríguez Villarino mentiu para ocultar o seu ataque frontal en contra dos autónomos e as Pemes da provincia”, expresa o presidente, quen denuncia “a ocultación dolosa e a sabiendas dunha documentación que rebela unha estratexia que parece ter como obxectivo impedir que as axudas da Deputación cheguen ás familias e empresas de Ourense que máis o necesitan”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, compareceu esta mañá en rolda de prensa urxente, poucas horas despois de coñecer a documentación oficial que rebela “que o representante do grupo socialista na Deputación, Rafael Rodríguez Villarino está contra os autónomos e as Pemes da provincia de Ourense. Nun documento da Subdelegación do Goberno en Ourense faise constar, segundo á Avogacía do Estado, que existe un “requerimento verbal” a esta subdelegación por parte do representante do PSOE na Deputación de Ourense co obxectivo “de que se informe sobre a legalidade e adecuación coa normativa estatal en vigor, respecto das bases reguladoras e a convocatoria (…) para a concesión por parte da Deputación de Ourense de subvencións a pequenas e medianas empresas de municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia, afectadas pola crise do COVID-19, así como a traballadores autónomos”.

PUBLICIDADE ELECTORAL

Documentos Subdelegación axudas autónomos e PEMES

A posta en cuestión da legalidade destas axudas, “feito que non se ten cuestionado en ningunha provincia de España por ningún partido político”, é algo, segundo expresa Baltar, “indignante, e supón un ataque frontal contra os autónomos e as Pemes da provincia de Ourense, os protagonistas da reactivación económica da provincia, nun momento de máxima emerxencia social e económica como o que estamos a vivir”, e anuncia: “Chegaremos ata onde sexa necesario, administrativa e xudicialmente, para defender aos traballadores, profesionais e empresarios da nosa provincia e ás súas familias, fronte a actitudes “anti-Ourense” como as que acredita -agora xa oficialmente- Rodríguez Villarino, co apoio do subdelegado do Goberno en Ourense, quen se presta a este xogo repugnante en contra dos intereses económicos de milleiros de persoas da provincia de Ourense”, defende Manuel Baltar.

Por elo, o presidente da Deputación esixe a dimisión do representante do grupo socialista na Deputación de Ourense e a destitución do subdelegado do Goberno en Ourense, “o primeiro, por instigador da loita contra os autónomos e as Pemes, poñendo en perigo que cobren as axudas económicas polo COVID-19, e o segundo por executor servil da orde de Rodríguez Villarino e pola utilización partidista da Sudelegación”, afirma

“En política, mentir é sinónimo de dimisión –afirma Baltar-, e Rodríguez Villarino mentiu para ocultar o seu ataque frontal en contra dos autónomos e as Pemes da provincia”, expresa o presidente, quen denuncia “a ocultación dolosa e a sabiendas dunha documentación que rebela unha estratexia que parece ter como obxectivo impedir que as axudas da Deputación cheguen ás familias e empresas de Ourense que máis o necesitan”.

Na rolda de prensa, Baltar exhibiu e explicou en detalle toda a documentación oficial deste caso (ao remate da comparecencia entregouse aos medios de comunicación un dossier completo, que tamén se xunta con esta nota), que relata que con data de 12 de maio de 2020: “Por parte del representante del PSOE en la Diputación se realiza requerimiento verbal a esta Subdelegación acerca de la legalidad de dichas bases y su adecuación con la normativa estatal en vigor, por si la pudieran infringir o colisionar”.

Manuel Baltar considera “gravísimo” que se poñan en cuestión as axudas a autónomos e Pemes, “circunstancia que non se produciu en ningún lugar (cita como exemplos máis próximos os dos concellos da Coruña e Lugo), e tamén o feito de que “calquera persoa poida pedir de viva voz á Subdelegación do Goberno que se realice un trámite administrativo”, denuncia. “¿Que significa iso de “requerimento verbal”? ¿En que normativa legal consta esa figura? ¿Pode calquera cidadán, polo tanto, achegarse á porta da Subdelegación do Goberno en Ourense e pedir o que queira verbalmente para, de seguido, incoar un expediente e tramitar a súa solicitude verbal? ¿É así?”, pregúntase Baltar.

O presidente da Deputación denuncia que estamos “diante dun desprezable uso partidista dunha institución senlleira como é a Subdelegación do Goberno, e prácticas deste tipo, só demostran a virulencia con que Rodríguez Villarino semella acometer contra os autónomos e as Pemes de Ourense, como tentando evitar que cobren as axudas que lles corresponden, unha estratexia que, incluso, pode facer perigar as axudas económicas que moitos autónomos e Pemes percibiron xa por parte da Deputación de Ourense”, afirma Baltar.

Así a todo, Manuel Baltar transmitiu unha mensaxe de tranquilidade ás milleiras de familias que se poden ver afectadas “por este exercicio de irresponsabilidade por parte de Rodríguez Villarino que vai única e exclusivamente contra dos autónomos e as Pemes da provincia. Pero fronte aos inimigos de Ourense seguiremos defendendo os intereses da nosa provincia, e moito máis nuns momento tan graves de emerxencia social como os que atravesa a economía provincial”.

Na rolda de prensa, o presidente da Deputación comunicou que existe “confirmación oficial de que o deputado Rodríguez Villarino está contra os autónomos e Pemes da provincia. Confirmación que coñezo desde hai horas por parte secretario xeral da Deputación de Ourense, quen me comunicou a posta a disposición do expediente de revisión das axudas, que a Subdelegación do goberno incoou”.

“Esta confirmación oficial do ataque de Rodríguez Villarino contra os autónomos e as pemes da provincia fai que se confirmen as sospeitas que tiñamos cando comparecín aquí o pasado 10 de xuño”, dixo Baltar, quen defende a institución “como máximo representante da mesma, pero tamén para defender ás pequenas e medianas empresas, así como aos autónomos da provincia de Ourense, que teñen todo o dereito a ser beneficiarios das axudas dispostas por esta institución”.

Baltar lembra que no pleno de abril, “cando adoitamos a decisión de poñer en marcha estas axudas, o deputado Villarino -e o seu grupo- abstívose, non votou a favor, e no debate plenario en ningún momento cuestionou a legalidade destas axudas”. O presidente cualifica esta acción de “ruindade política” “por non dicir nada no debate plenario e logo personarse ante a Subdelegación onde se lle atendeu unha petición verbal”.

Para o presidente da Deputación “é unha auténtica irregularidade, unha cuestión que non se contempla nas leis que regulan o procedemento administrativo; feitos nos que ten que ver o titular da subdelegación do goberno cando fai caso a ese requirimento verbal e non lle pide que o presente por escrito. Por elo, tamén se confirma a utilización partidista e sectaria por parte do subdelegado, que obedece, neste caso, ás ordes do seu superior xerárquico dentro da organización política. É, polo tanto, unha utilización absolutamente rexeitable e gravísima das institucións do Estado”, afirma Baltar.

“Rodríguez Villarino está radicalmente en contra dos autónomos porque denuncia as axudas e promove que as teñan que devolver”, afirma Baltar, “nada que ver co que predica (o presidente presentou un audio na rolda de prensa onde Villarino di estar a favor dos autónomos). “A política anti-Ourense de Rodríguez Villarino está clara, pero foi “pillado” grazas ao tesón desta Deputación, que buscou desde o primeiro momento ao culpable de promover esta revisión das axudas, porque tiña que habelo e apareceu, e que casualidade que resultou ser quen máis sospeitábamos”, conclúe Baltar.