As rúas do Carballiño énchense de versos de escritores galegos

IES CHAMOSO LAMAS

Os máis curiosos déronse conta esta mañá da aparición de pintadas por todo o Carballiño. Pero non se trata de actos vandálicos, se non máis ben dunha chamada á cultura. Os pasos de peóns do casco urbán, a rúa principal, o barrio de flores e tamén en zonas da periferia como o entorno dos centros educativos amenceron hoxe con versos impresos neles.

O obxectivo desta iniciativa consiste en plasmar versos, todos eles de escritores senlleiros, e galegos, e achegalos ó día a día dos cidadáns, aínda que pouco se puido saber de onde nace este proxecto, seguirémolo investigando.

SPORTUR GALICIA 2022