Os clubes, a Federación Galega e a Secretaría Xeral de Deporte acordan non celebrar a Volta a Galicia 2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo onte unha reunión coa federación galega de Ciclismo e os clubs afectados, ao fin de analizar a situación da Volta a Galicia 2020. Pese aos esforzos realizados ata a data actual, a proba, de carácter estatal e aberta á participación de equipos procedentes doutras Comunidades Autónomas, non contaba cun protocolo específico de seguridade polo que, atendendo tamén á situación epidemiolóxica dalgúns concellos contemplados no itinerario desta edición, os asistentes decidiron primar a protección da saúde dos deportistas, público e da poboación en xeral, fronte a competición deportiva.