A Xunta inviste máis de 320.000 euros nunha actuación piloto de seguridade vial con iluminación led en oito pasos de peóns de Ourense

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitaron hoxe as melloras realizadas en oito pasos de peóns do barrio da Ponte, en Ourense, dentro dunha actuación piloto de seguridade vial mediante iluminación LED na que a Administración autonómica investiu máis de 320.000 euros.

Tal e como sinalaron Gabriel Alén e Pablo Fernández Vila durante o percorrido pola zona, as obras levadas a cabo permiten incrementar a protección dos peóns e mellorar a súa visibilidade, grazas ao reforzo da sinalización; o balizamento e iluminación dos pasos de peóns, incorporando sistemas de detección de presenza; e a renovación do pavimento.

AVANTAR ACTIVIDADES

As actuacións, impulsadas pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e que permiten avanzar tamén na eficiencia enerxética, desenvolvéronse nas rúas Vicente Risco, Alejandro Pedrosa (á altura do número 72); Alfredo Brañas (nº 44); Basilio Álvarez (na glorieta xunto á Ponte do Milenio); na Avenida de Santiago (nº 154); na rúa Río Camba (nº 6) e na rúa Río Navea (nº 7).