Tras o incendio dunha vivenda en Castrelo de Miño, o Concello fai un chamamento apelando a solidariedade para axudar a familia afectada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Raúl Sampedro e os seus dous fillos quedaron sen fogar a pasada Noiteboa despois de que un voraz incendio destruíse por completo a súa vivenda na aldea de San Pedro, en Castrelo de Miño. O sinistro, que se produciu durante unha das datas máis familiares do ano, deixou á familia nunha situación de extrema vulnerabilidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Castrelo de Miño emitiu un comunicado no que lamenta profundamente o ocorrido e fai un chamamento á solidariedade dos veciños. No comunicado, ínstase á comunidade para colaborar mediante doazóns de roupa, alimentos, aveños básicos ou contribucións económicas para axudar á familia afectada a superar esta difícil situación.

FOTO: Voz de Galicia

O alcalde Avelino Pazos asegurou que se están xestionando recursos de emerxencia para ofrecer a Raúl Sampedro e os seus fillos un aloxamento temporal e cubrir as súas necesidades inmediatas. Así mesmo, o consistorio está a explorar todas as opcións para apoiar a reconstrución do seu fogar.

A solidariedade dos veciños de Castrelo de Miño foi sempre una das grandes fortalezas da comunidade, e espérase que, unha vez máis, respondan con xenerosidade e empatía #ante esta traxedia.

COMUNICADO

INFORMACIÓN DA TVG

https://www.g24.gal/-/ferido-no-incendio-dunha-vivenda-un-membro-do-ges-de-ribadavia

INFORMACIÓN DA VOZ DE GALICIA

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/castrelo-de-mino/2024/12/25/familia-perdio-casa-incendio-castrelo-mino-calle-dos-hijos-quedamos-ropa-puesta/00031735139844540385624.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbour