Ribeiro en Común reclama facer unha travesía urbana na N-120

Ribeiro en Común afirma que para poder levar estas medidas é preciso que o Concello de Ribadavia reclame unha vez máis a realización deste proxecto. Para a formación, o actual goberno, neste ano que leva, non fixo nada para buscar colaboración coas Administracións do Estado a pesar das enormes competencias das que se podería beneficiar Ribadavia.

O grupo recorda que o anterior goberno aprobou en pleno esta moción e que xa se iniciaran as pertinentes xestións para levar este proxecto adiante. De feito, a reforma recén acabada da rotonda de Valdepereira era una avance das melloras solicitadas ó Ministerio de Fomento, segundo Ribeiro en Común.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para Ribeiro en Común esta mellora é positiva pero sen embargo o prioritario debe ser a conversión en travesía dunha estrada, entre A Quinza e A Franqueirán, con numerosas vivendas e un tráfico moi importante. Ademais, aseguran que se podería crear unha nova rúa en Ribadavia con potencial de expansión da vila.

Por todos estes motivos volven presentar os seguintes acordos para que o Concello retome as xestións para:

1. Solicitar ao Ministerio de Fomento un novo Proxecto de Mellora da N-120 ao paso pola vila de Ribadavia. Pintado, vadéns, creación de beirarrúas.

2. Instalación de 3 rotondas na N-120 nas seguintes ubicacións: á altura das zonas coñecidas como “cruce da Franqueirán”, “Cruce de Maquiáns” e “Cruce do Serrallo” antes da ponte da N-120 sobre o río Avia.

3. Solicitar á outras administracións superiores, como son a Xunta de Galicia e a Deputación provincial a súa participación e colaboración na mesma.

4. Colocación de barreiras protectoras no viaduto da autovía “Rías Baixas” ao seu paso por Ribadavia, como medida de protección e seguridade viaria para os peóns, vehículos e cidadanía en xeral que transita por debaixo de dito viaduto ou emprega as instalacións deportivas e de lecer existentes.