Lixeiro incremento dos delitos no Barco de Valdeorras a causa da ciberdelincuencia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

  • O subdelegado do Goberno e o alcalde copresidiron a Xunta Local de Seguridade, á que foron convidados o Centro Comercial Aberto e a Asociación Empresarial de Valdeorras, para tratar a situación actual da seguridade cidadá do municipio
  • Eladio Santos fixo fincapé en que “O Barco é un lugar seguro e habitable”, de acordo cos datos achegados polas forzas de seguridade

O Barco de Valdeorras, 30 de agosto de 2024.- O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, copresidiron a Xunta Local de Seguridade na que se analizou a situación de seguridade cidadá no municipio, os casos de violencia de xénero, o Plan Director para a Convivencia nos centros educativos e as previsións de seguridade de cara ás vindeiras festas locais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En canto á seguridade cidadá, os datos expostos na reunión reflexaron que no Barco de Valdeorras produciuse un lixeiro incremento dos delitos graves e menos graves, respecto ao mesmo período do ano anterior, aínda que se manteñen en cifras semellantes a outras vilas da provincia.

Esta pequena repunta débese, principalmente, á cibedelincuencia. Estafas por proporcionar datos bancarios mediante chamadas de teléfono, ventas fraudulentas a través de internet, ofertas de falsas compañías telefónicas ou bancarias, son algúns dos casos denunciados con maior frecuencia.

Non obstante, neste senso, destaca o incremento da resolución de delitos graves, leves e infraccións administrativas por parte da Garda Civil en relación ao ano anterior.

En materia de violencia de xénero, todos os participantes na Xunta Local resaltaron a importancia da prevención, a educación e o seguimento dos casos. Destacando as forzas de seguridade presentes, a coordinación que manteñen entre elas nesta materia.

No tocante ás necesidades suxeridas durante a reunión, tanto a Policía Nacional (que conta cunha unidade de documentación no Barco), como a Garda Civil e a Policía Local do municipio coincidiron en que o incremento en medios e axentes tradúcese na mellora da seguridade para o cidadán. Por iso, o subdelegado do Goberno recolleu a súa solicitude e lembroulles que “cada ano a Oferta de Emprego Público estatal incrementa o número de novas incorporacións de gardas civís e policías nacionais en toda España. Concretamente en Galicia, vai haber 3.000 novos axentes en cada un destes corpos a partir da convocatoria que está en marcha neste momento”.

Eladio Santos rematou facendo fincapé en que “aínda que hai que abordar os problemas, como a ciberdelincuencia e as infraccións administrativas, O Barco é un lugar seguro e habitable”.

Ademais do subdelegado e o alcalde, tamén estiveron presentes a delegada territorial de Presidencia da Xunta de Galicia, Beatriz Fernández; representantes da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local do Barco; e foron convidados o Centro Comercial Aberto e a Asociación Empresarial de Valdeorras, para analizar en conxunto a situación do municipio.