O recinto feiral acolle un parque multiaventura con xogo, valores, cultura e deporte para toda a familia
A novidade deste ano será unha megaestructura que recrea o concurso televisivo “GrandPrix” e zonas de xogo educativo e creativo con “O Pito Pepe”, Playmobil, Piratix e SuperThings
Ourense, 28.09.2026.- Expourense acolleu esta mañá a presentación da terceira edición de Funtastik- Non Limits, un evento que converterá ao recinto feiral de Ourense no maior parque multiaventura de Galicia ofrecendo un universo de experiencias educativas e divertidas para todas as idades.
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na presentación da terceira edición do Funtastik- No Limits, co patrocíneo da Xunta e da Deputación Provincial.
Como noutras edicións, o recinto contará con espazos pensados para estimular a creatividade, o pensamento crítico e o movemento, tanto de nenos como de adultos, con actividades de construción, inchables e zonas de saltos con estruturas xigantes; convertendo este evento nunha cita imprescindible na axenda de lecer familiar e educativo dos ourensás.
Poderá desfrutarse desde o 2 ata o 12 de outubro e o prezo da entrada é de 10 euros por persoa e sesión (mañá de 10.00 a 14.00 h. ou tarde de 14.00 a 20.00 h.) sendo gratis para os menores de 3 anos. Pode adquirirse en www.ataquilla.com ou no propio recinto. A terceira edición de Funtastik – Non Limits volve contado co apoio da Deputación provincial de Ourense e da Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, que facilitarán a participación nesta actividade de escolares de colexios da provincia.
Xa está confirmada a participación de 2.100 alumnos de 31 colexios. Funtastik é unha actividade que fomenta o lecer saudable, participativo e inclusivo sen esquecer a formación e a práctica deportiva, promovendo valores como a sustentabilidade, o consumo responsable ou a igualdade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A presentación desta segunda edición de Funtastik contou coa participación do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, acompañado polo director territorial de Educación, Jorge Rubén Sampedro; polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, César Fernández; polo xerente de Mantesil e promotor da actividade, Berto Fernández Docampo, e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez. Nesta terceira edición, este evento busca a súa consolidación na axenda de lecer familiar e educativo dos ourensáns.
As novidades desta edición serán a megaestructura que recrea o programa televisivo Grand Prix e zonas exclusivas temáticas de “O Pito Pepe”, Playmobil, Piratix e Super Things.
















