As novenas de Santa Rita acadaron 10829 visualizacións online na nosa canle

Dende 1922 que se levantou a igrexa de Santa Rita de Dacón sempre se celebrou a novena de Sta Rita coa asistencia de moitos veciños da comarca. Este ano, a pandemia fixo que o seguimento de culto desta celebración teña que ser a través das redes sociais e dos medios coma este. Dende o 13 de maio ata hoxe 22 Badal Televisión estivo emitindo cada día as novenas ás 12:30 e ás 20:30h.

Os lugares de culto relixioso puideron abrir cun 30% do aforo dende o inicio da fase unha pero neste caso o párroco da igrexa de Dacón, debido a dificultade que suporía esa restricción de aforo coa gran multitude de persoas que se achegan a escoitar estas misas decidiron celebralas a porta pechadas e emitilas nos medios. Sí está aberta a igrexa para visitala e para o rezo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta canle cubrirá tamén a celebración da misa solemne na honra de Santa Rita que se emitirá hoxe ás 12:30 e ás 20:30, que este ano pola alerta sanitaria será mais sobria, sen baixar nin tocar a imaxe e sen procesión; pero sen esquecer din dende a parroquia, a esencia da vida da santa e a súa cercanía, unha muller que precisamente dedicouse ao coidado dos enfermos contaxiados da epidemia de peste no século catorce