O concello de Cea abre o prazo de inscrición para a Andaina Festa do Pan

A Andaina Festa do Pan de Cea alcanza a súa sexta edición. Celebrarase o vindeiro domingo 26 de xuño, con saída ás 9:00 horas para os participantes no percorrido de 20 kms, e ás 10:00 horas para os do percorrido de 10 kms, desde a Praza Maior de Cea.

O concello de Cea xa abriu o prazo de inscrición. Para inscribirse o procedemento é realizar o pagamento de 8 € no número de conta posto a disposición, que se pode consultar no concello ou nas súas redes sociais, poñer no concepto “Andaina Festa do Pan”. Para inscribir grupos, facer o ingreso de 8€/ persoa e no concepto “Andaina Festa do Pan e o número de inscritos”. O xustificante de pagamento enviarase por Whatsapp ao 672122300 ou a cultura@concellodecea.com e recibirán confirmación da inscrición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Haberá sorteo de agasallos, pincho a chegada, puntos de avituallamento e unha paisaxe espectacular.