Celebración de Corpus Christi na cidade de Ourense, presidida polo Sr. Bispo, no día no que lle corresponde á Diocese de Ourense rezar polos froitos da visita do Papa

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Con motivo da próxima Visita apostólica do Santo Padre León XIV a España e tendo en conta que o acto máis representativo, a nivel nacional, terá lugar en Madrid, o día 7 de xuño, Solemnidade do Corpus Christi, vémonos precisados, na cidade de Ourense, e de xeito especial na Catedral, a adiantar a celebración desta Solemnidade para a tarde do xoves, día 4 de xuño, sendo ademais providencialmente o día que, como Diocese, correspóndenos rezar polos froitos da devandita visita.

Ese día, ás 19.00h celebraremos a Misa Estacional na Catedral e a continuación realizaremos a solemne procesión pola contorna da Basílica, finalizando coa Bendición co Santísimo Sacramento a todos os fieis e á cidade desde a escalinata de Santo Martín. Rogo, encarecidamente aos párrocos e demais sacerdotes que desempeñan o seu traballo pastoral na cidade de Ourense, que desde as 19:00h en diante, supriman as celebracións nos templos, capelas e oratorios dos que son responsables, para que, tanto o clero, como os relixiosos/as e demais fieis laicos poidan participar nesta celebración.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Así mesmo, exhorto aos integrantes das confrarías, asociacións e movementos apostólicos que deben participar neste evento portando os seus estandartes e insignias representativas. O domingo, 7 de xuño, tal como está previsto no Calendario litúrxico, celebrarase, tanto na cidade como en todas as parroquias da Diocese, a Solemnidade do Corpus Christi.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------