A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 9. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de  hoxe.

Publicidade

O Carballiño baixa hoxe ó 8 casos activos, un menos ca na xornada de onte. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo, cifra que se mantén dende o mércores día 14. O Irixo, a pesar de descender o pasado venres dos 4 casos a estar libre de covid, hoxe mantense no nivel medio de restricións ata a reunión de esta tarde do comité clínico. Ata o de agora, a hostalaría pode abrir no interior, con 30% de aforo e exterior cun 50% de aforo.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.