A Opinión dos veciños e veciñas: “Unha alternativa para a circunvalación sur”

Este é un espazo dentro de Badal para que os veciños e veciñas de Carballiño poidan opinar de temas relacionados ca nosa vila


Tendo en conta que desde hai anos temos cidades como pode ser Pontevedra cuxo goberno pensou e pensa en ter unha cidade para as personas e non para os coches, debemos plantexarnos que Carballiño tamén ten que aspirar a eso.

AVANTAR ACTIVIDADES

En Pontevedra o 70% dos desprazamentos realízanse a pé ou en bicicleta, o 81% dos nenos van camiñando á escola e os coches teñen prohibido o acceso ao centro urbano desde hai máis de 20 anos e moi atentos non se rexistran vítimas mortais por accidentes desde hai unha década. Os peóns son os auténticos reises.

Un dos obxectivos primordiales ten que ser este: Hai que sacar o maior número posible de coches do centro para facer unha vila onde o prioritario sexan as personas ( maiores e nenos sobre todo ). Un centro con prazas públicas e accesos seguros para os peóns.

A idea que se plantexa para axudar a conquerir ese obxectivo plasmase na imaxe inicial e nesta outra ( a mesma con outra orientación )

Con ese deseño pretendese reducir o tráfico na rúa Alberto Vilanova xa que neste momento e tendo en conta que nesa rúa estan ubicados o centro de saúde, Facenda e o IES Nº1 o tráfico en horas determinadas ( sobre todo cando coincide cas entradas e saídas do alumnado do IES Nº 1 ) e moi denso.

Os peóns popdrían ir ao centro de Saúde, Facenda ou IES Nº 1 dunha forma moita máis segura e saudable xa que o camiñar e o mellor exercicio físico que se pode facer

A maiores conseguiriase disminuir o tráfico no centro do Carballiño