A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, baixou esta fin de semana notablemente 53 casos, ata un total de 248. Maside sobe oito casos ata os 49. San Cristovo de Cea baixa seis casos ata os 36 casos. Punxín baixa ós 27 casos. O Irixo conta con 21 casos e Boborás baixa ós 20. Beariz baixa ós 13 casos e San Amaro mantén 15. Piñor sobe ós 9 casos.
A comunidade galega rexistra hoxe 2.739 contaxios. O número de casos activos descenden hoxe ata os 53.706. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 41 (+7) están en UCI e 689 (+62) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 260 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 5.185. En canto á presión hospitalaria, contamos con 114 (+18) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (+1) na UCI.