Espazo Común proporá á oposición un acordo polo Carballiño no pleno extraordinario de mércores con propostas de programa e alternativa de goberno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Terá lugar ás 11 da mañá deste día 19 e os dous puntos a debater son: un balance deste último ano de mandato e as posibilidades de establecer unha alternativa política que mellore o funcionamento municipal.

                                                                         O Carballiño,  15 de xuño de 2024.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xa hai data para o pleno extraordinario solicitado polo Grupo Municipal de Espazo Común no Concello do Carballiño. Será este vindeiro mércores 19 de xuño ás 11:00 despois da celebración do pleno ordinario.

Dende o noso grupo, consideramos que nos achamos ante unha data clave para coñecer cal vai ser o futuro político deste pobo durante os vindeiros tres anos.

Non agochamos que a súa celebración pretende ser unha evaluación da situación actual e, se todos os partidos da oposición compartimos que é desastrosa, promover un gran acordo que permita recuperar o Concello e voltar a dar ilusión e vida a unha vila que esmorece competindo cos concellos pequenos no canto de aspirar a ser unha pequena cidade.

O Carballiño merece moito máis do que ten hoxe e ten potencial e posibilidades para voltar a brillar no mapa do interior galego. Pero para iso faise imprescindible e urxente un cambio.

Un xiro de timón radical que deixe atrás as políticas cativeiras actuais e insufle aires renovados a unha institución que no canto de ser motor dinamizador é un lastre para as aspiracións do pobo.

Por iso, consideramos tan importante o que aconteza nese pleno o vindeiro mércores. As posturas dos 11 concelleiros que formamos parte da oposición teñen que ser claras e rotundas. No fondo, só hai unha pregunta: queremos un cambio ou non?

Este día 19 ás 11 da mañá no Salón de Plenos do Concello do Carballiño pode comezar a escribirse unha nova etapa ou todo pode continuar como está. Axiña o saberemos.