“O home e o can” recibe o premio Ourense Film Comission na xuntanza de finalistas da XXI edición dos Mestre Mateo

A película, dirixida por Ángel de la Cruz e co patrocinio da Deputación de Ourense, foi galardoada por “filmar a diversa riqueza da paisaxe ourensá como marco para a súa trama na que fai unha chamada sobre a despoboación e a soidade dos nosos maiores”, segundo sinalou a deputada Patricia Torres 

Durante o acto celebrado en Allariz tamén foi premiadas as películas patrocinadas pola Deputación “O corpo aberto” e  “Valentina”

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 25 de febreiro de 2023.- “O home e o can”, película dirixida por Ángel de la Cruz co patrocinio da Deputación de Ourense, recibiu hoxe en Allariz o Premio Ourense Film Commission durante a xuntanza de finalistas dos XXI Mestre Mateo, a antesala da gala de entrega de premios que se celebrará en Ourense o vindeiro 11 de marzo. 

A deputada de Cultura, Patricia Torres, motivou a gañadora do galardón “por filmar a diversa riqueza da paisaxe ourensá como marco para a súa trama na que fai unha chamada sobre a despoboación e a soidade dos nosos maiores, con imaxes substanciadas en lugares carismáticas da cidade de Ourense, en San Cibrao das Viñas, en Manzaneda ou San Cristovo de Cea”. A película foi estreada no pasado Festival Internacional de Cine de Ourense. 

Patricia Torres resaltou “os froitos da aposta da Deputación polo audiovisual”, nunha liña de traballo, sinalou a deputada, “que seguirá nos próximos tempos para seguir consolidando á provincia como un gran plató “. 

Durante o acto tamén foi premiadas as películas patrocinadas pola Deputación “O corpo aberto” -que recibiu o premio Abanca ao impulso da sostibilidade-; e  “Valentina”, co premio Deleite á promoción da lingua. Na gala tamén foron recoñecidas “Rapa” e “A entrega”.