Nota Garda Civil: Incautación de mascarillas

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, tras realizar continuas vixilancias da internet e outras redes sociais, para detectar condutas contrarias á normativa vixente, de actuacións ante a alerta sanitaria producida polo covid.19, procedeu á inspección administrativa dunha nave industrial sita no Polígono Industrial Chorente de Allariz, dedicada á confección, da que é responsable un veciño de Allariz de 46 anos de idade, onde se lle incautaron e inmobilizaron no interior da nave 878 máscaras listas para distribución e venda, así como 20000 moldes de máscaras que estaban en fase de elaboración. Esta empresa realizaba as vendas a través dunha páxina WEB, por mor desta investigación conseguiuse vincular dita empresa con outra empresa sita no mesmo polígono, propiedade dunha veciña de Allariz de 51 anos, que vendía a través doutra páxina WEB distinta á primeira.

Pola devandita incautación, procedéronse a confeccionar vinte (20) denuncias administrativas por incumprimento de proceso de fabricación, distribución e comercialización á normativa vixente, en concreto o Regulamento (UE) 2016/425 do Parlamento Europeo e do consello do 09 de Marzo 2016, relativo aos equipos de protección individual, Lei 2/2012, do 28 de Marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, e do Real Decreto 1591/2009, de 16 outubro, polo que se regulan os produtos sanitarios, o Real Decreto 1468/1988, do 2 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos industriais destinados á súa venda directa aos consumidores e usuarios.

AVANTAR ACTIVIDADES