Eduardo Ojea Arias toma posesión como novo deputado do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Eduardo Ojea Arias (Potolo) tomou posesión hoxe como novo deputado pola provincia de Ourense logo da baixa do parlamentario Juan Carlos Francisco Rivera. Ojea prometeu o cargo coa coletilla “dende Valdeorras, terra de Florencio Delgado Gurriarán”, en alusión ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

Eduardo Ojea Arias (O Barco de Valdeorras, 1957) é profesor de Bioloxía, Física e Química, no colexio Pablo VI de A Rúa (1985-1997), no IES Lauro Olmo, e no IES Marta Guisela (1998-2020), estes dous últimos na súa localidade natal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o ano 1999 compaxinou a súa actividade profesional cunha intensa actividade social e política local, tanto dende o tecido asociativo cultural e deportivo, como dende o equipo de goberno do PSdeG no Concello, no que exerceu entre 1999 e 2005, cando foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Medio Ambiente, Cultura e Turismo e portavoz municipal.

CV Eduardo Ojea Arias (Potolo): O Barco de Valdeorras, 10/04/57.

Licenciado en Bioloxía pola  Universidade de Santiago de Compostela.

Profesor de Bioloxía, Física  e Química dende 1985 ata  1997, no Colexio  Pablo VI de A Rúa.

Durante este período de tempo, tamén estivo habilitado como Profesor de E. Física.

Tamén, impartiu clases na UNED Valdeorras.

 No ano 1997  aprobou as oposicións de Física e Química, exerceu de Profesor durante o curso 1997- 1998, no IES Lauro Olmo de O Barco.

Dende o ano 1998 ata 2020, foi Profesor de Física e Química, no IES Marta Guisela de O Barco. Dende 2015 ata 2020, foi Xefe de Estudos.

Formou parte activa no tecido asociativo, tanto cultural como deportivo, no Concello de O Barco. Foi xogador e adestrador, no equipo de Baloncesto da Vila, participando en toda Galicia.

No 2002, foi membro fundador da Asociación Cultural ” A Figueiriña”, dedicada  á construción de lanchas tradicionais e a recuperación de artes tradicionais de pesca, no río Sil.

Dende 1999 ata 2015, foi membro do

Grupo de Goberno do PSdeG, no Concello de O Barco.

Foi  primeiro Tenente de  Alcalde e Concelleiro de Educación, Medio Ambiente, Cultura e Turismo e Portavoz Municipal.

Creador das Xornadas Multiculturais, no Concello de O Barco. Xuntanza das Pandillas, co gallo de atraer durante as festas patronais, os veciños /as que non  viven no Barco, para reencontrarse  cos seus. Festa do Botelo, recoñecida como Festa de interese cultural, dende 2015.