Hoxe ao mediodía, o IES Chamoso Lamas recibiu a visita do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, quen achegouse ao centro coñecer o avance das obras en curso. As obras teñen como obxectivo a creación de novos espazos para os ciclos da familia de Soldadura e Calderería, unha inversión que ascende a case 2,5 millóns de euros. A través destes talleres, se lles brinda aos xóvenes e profesionais moitas oportunidades para ser considerados candidatos cualificados para as empresas.
Segundo explicou o conselleiro, ademais da ampliación dos espazos, búscase mellorar a tecnificacións nas aulas. Con tal motivo, preténdese realizar unha inversión de 6 millóns de euros en equipamento de alta tecnoloxía.
Este plan permitirá mellorar a oferta educativa e formativa na comarca, facilitando a posterior inserción dos estudantes no mercado laboral, axustándose ás demandas das empresas. As obras están previstas para acabarse o próximo curso escolar 2025/2026.
Novo edificio de 1.581m²
A superficie total do novo volume será de 1.581m². No andar superior habilitaranse tres novas aulas, ademais de aseos, almacén, conserxería, vestíbulo e distribuidor. No andar baixo localízanse os talleres de mecanizado e soldadura, vestiarios, espazos de almacenamento, cuarto de telecomunicacións, distribuidor, vestíbulo e recepción.
As obras están xa en marcha, con traballos iniciais de escavación, e a previsión é que o novo edificio entre en funcionamento no curso 2025/2026.
O instituto conta con preto de 450 alumnos, dos que máis de 160 son de Formación Profesional. Para o curso 2024/25, a Xunta incorpora á súa oferta o ciclo de FP Básica de Mantemento de Vehículos. Ademais, o centro conta cos ciclos de FP Básica en Electricidade e electrónica, os ciclos de grao medio en Xestión administrativa, en Instalacións eléctricas e automáticas e en Electromecánica de vehículos automóbiles.
Na modalidade dual intensiva oferta proxectos nos ciclos de grao medio en Electromecánica de maquinaria e de Soldadura e caldeiraría, así como nos de grao superior en Automatización e robótica industrial e en Robótica colaborativa.
Outras obras no Carballiño
Ademais desta obra de gran envergadura, no marco do dentro do novo Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola a Xunta está a executar este verano outras actuacións de pequena reforma e mellora en centros de ensino do Carballiño por importe de preto de 50.000, en concreto no Colexio CEIP Calvo Sotelo e no Instituto IES Nº1.