O autobús da unidade móbil de doazón de sangue estará mañá en Arnoia

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase na xornada de mañá sábado á nosa contorna. Estará dende ás 10:00 horas ata as 15:00 horas no concello de Arnoia, en Outeiro Cruz, diante da Cooperativa.

Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.