Coa elección do novo Consello Local da vila do Arenteiro, remata a renovación dos órganos de dirección do BNG na comarca de Ourense vinculados á XVIII Asemblea Nacional celebrada o pasado 1 de decembro.
O Carballiño, 28 de decembro de 2024. Onte na vila do Carballiño, o BNG da localidade celebrou unha Asemblea Local na que se procedeu á reelección do novo Consello Local. Dentro das premisas anunciadas onte, o traballo deste novo Consello Local, versará fundamentalmente sobre a participación activa da militancia, fomentando o convivio e unha maior implicación da mocidade na Organización local. Todo, coa premisa de reforzar o traballo institucional dos representantes nacionalistas existentes nas institucións e cun firme compromiso co feminismo.
Coa celebración desta Asemblea Local no Carballiño, remátase o proceso de renovación dos órganos de dirección política do BNG na comarca de Ourense, proceso vinculado a XVIII Asemblea Nacional do BNG celebrada o pasado día 1 de decembro e no que tamén foron renovados tanto a Executiva Nacional como o Consello Nacional da Organización e na que Ana Pontón revalidou o seu cargo como Portavoz Nacional do BNG.