O PSDEG informa que o Goberno Alemán prevé unha subida das pensións o que beneficiará a miles de xubilados

 A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa que o goberno alemán prevé para o 1 de xullo de 2023, unha subida das pensións oficiais nun 3,5 %. Os e as socialistas afirman que esta subida beneficiará a miles de xubilados residentes en Ourense e no resto de Galicia, que perciben prestacións de xubilación da seguridade social alemá.

Dende o PSOE ourensán tamén indican que se está estudando a posibilidade de establecer o límite para non facer a declaración da renda do ano fiscal 2023 en 10.908 euros, na modalidade individual, e en 21.816 €, na modalidade conxunta. Neste senso, apuntan que para o ano fiscal vixente “está establecido en 10.347 e 20.964 euros respectivamente”. Unha cantidade que segundo indican “é determinante á hora de establecer o pago á Facenda alemá, o chamado imposto do 5 por cento sobre as pensións que se perciben dese país por primeira vez desde o ano 2015”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O secretario provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín Iglesias, explica que desde a axencia tributaria alemá (Finanzamt Neubrandenburg) “insisten, unha vez máis, que tense en conta os ingresos totais que se perciban en España, incluída pensión española, á hora de establecer o pago do imposto”. O responsable de migracións da executiva provincial socialista subñiña que “se están por baixo desas cantidades non hai que tributar en Alemaña”.

Gulín tamén informa que por parte do organismo tributario xermano “detectouse que está a circular en España un concepto falso de que o 5 por cento non se paga, se só a contía da pensión alemá está por baixo do límite exento e que non se tiña en conta para nada a pensión española ou outra estranxeira a maiores”. Desde o PSdeG PSOE lémbrase, unha vez mais, que “se ten en conta a suma de todos os ingresos en España á hora de calcular se hai que tributar o 5 por cento ou non”.