Falta de seguridade na Plaza da Alameda do Caballiño

Despois de case oito meses Carballiño ven a ver como o pasado sábado 16 de novembro xa se atopaba por fin rematada a reforma que se lle deu ao Parque Infantil da Alameda.

Máis dende o Círculo de Podemos do Carballiño afirman que dito Parque non cumpre con tódalas medidas de seguridade. Debido a que os parques infantís son lugares destinados ao desfrute de nenos e nenas, é esencia que os fabricantes de os distintos aparatos de xogos cumpran unhas estritas medidas e respecten as normativas de seguridade de ditos parques.

AVANTAR ACTIVIDADES

O obxectivo é garantir que dito lugar de xogo cumpra con tódolos requisitos para non poñer en perigo a integridade física dos nenos e nenas. Pese a que no reino de España non existe un Real Decreto nin ningunha normativa vixente, en Galiza si temos un decreto propio para controlar a instalación e medidas de seguridade de estes parques basadas nas normativas UNE-EN 1176 e UNE-EN 1177. Este é o Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís, e o mesmo ben recollido no DOG 89, venres 9 de maio de 2003.

Así afirmaba o grupo político que “Si miramos os planos de dita obra, os cales se poden consultar na páxina web da Plataforma de Contratación do Sector Público co número de expediente 1164/2019, resulta que dende a rotonda ata a zona de xogos denominada zona 2, non existen eses 30 metros mínimos”

“Pero claro está, que si non temos eses 30 metros, isto poderiamos solventalo mediante a colocación de medios naturales ou artificiales que protexan as nenas e nenos do perigo derivado de acceder á calzada.

Pois resulta que o valado que separa a zona 2 de xogos (onde está o castelo) non é totalmente pecho. Para nós, aquí non se está a cumprir coa obriga de delimitar a zona de xogos para que a mesma sexa segura para as crianzas. Pero non só atopamos certa carencia de medidas de seguridade no tocante a delimitar e protexer as zonas de xogos. Tamén atopamos que un dos xogos pode presentar un potencial perigo á integridade física dos nenos e nenas que o usen. Falamos do revestimento metálico que cubre a cama elástica”

“Expostos os nosos motivos de dúbidas con respecto a si o Parque Infantil da Alameda cumpre con todas as medidas en materia de seguridade, dende o Círculo de Podemos no Carballiño solicitamos que dende o grupo de goberno municipal se poñan as medidas de seguridade e de protección pertinentes para que dito parque infantil cumpra coas esixencias da lexislación vixente recollida nas normativas UNE-EN 1176 e UNE-EN 1177 e no Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís, polo ben e a seguridade das nosas nenos e nenas”