O PP pon en dúbida a oferta de emprego do Concello

FALA DE 2 PLAZAS PARA POLICÍA LOCAL PERO NON SERÁ POSIBLE.

Publicidade

CONTABILIZOUSE COMO PRAZA A CUBRIR A DUNHA TRABALLADORA QUE ESTA EN EXCEDENCIA DENDE 2018 CON PRAZA EN PROPIEDADE DENDE O 2006

ESTO PODE FACER QUE A OPE SEXA INVALIDADA E TEÑAN QUE FACER OUTRA PARA 1 SO AXENTE DE POLICÍA.

Primeiro serían 6 prazas de policía. Logo díxose que serían 4, mais tarde volveron a falar de 6, para logo rebaixar a 3 e finalmente publicar unha oferta de emprego pública (OPE) de 2.

Do mesmo modo, a principios do 2019, primeiro sería unha OPE parcial só para policía, logo se dixo que se retrasaba porque sería unha OPE para a totalidade da plantilla, para definitivamente a mediados de novembro ter unha OP parcial só para a policía.

O Alcalde do Carballiño, estivo enganando á veciñanza tanto co sistema da OPE como o número de policías a convocar, e o caso é que deixamos pasar dende que temos a RPT actualizada 2 convocatorias para concursar na xunta e crear novas prazas de policía local e ademais na derradeira tiveron ata 2 prórrogas concedidas para poder presentar a OPE que motivara a convocatoria.

Non será, pois, pola falta de posibilidades que a Axencia de seguridade da Xunta de Galicia lle deu ao noso concello.

Pero sendo esto parte do pasado recente do noso concello, que demostra a mentira continuada que o alcalde Paco Fumega mantivo neste asunto, resulta que con data de 28 de novembro se ten publicado no DOG unha OPE parcial do Concello para cubrir 2 prazas de policía.

Esta OPE está en entre dito, pois para poder sacar estas dúas prazas na oferta pública de emprego, contabilizáronse 2 baixas de persoal funcionario e fixo, contra ningunha alta no ano 2018.

As dúas vacantes que se razoan para esta OPE, son unha xubilación na policía local que non ofrece dubida algunha, pero a outra trátase non dunha baixa en si, senón que se contabiliza a ausencia dunha traballadora con contrato fixo pero que non está no seu posto por unha excedencia concedida no ano 2018 e que para maior incertidume resulta que esa praza está en propiedade dende o ano 2006 o cal e de moi difícil xustificación a contabilización da mesma como VACANTE.

O Grupo municipal socialista, o que tiña que facer con ese posto de traballo que ademais é dunha traballadora social sería o de cubrila cunha interinidade e facelo para servicios sociais, pois dende que se lle deu a excedencia o servicio de igualdade e servicios sociais está necesitado de que alguén cubra ese posto mentres non se reincorporase a súa titular do posto.

Tal como está a situación, correse serio risco de que se teña que anular esta OPE, se teña que pasar outra vez por mesa de negociación e se teña que publicar antes de que finalice o ano.De non ser así, ao final, pode que nin 6, nin 4, nin 3, nin 2, pode que 1 ou o mais seguro que sexa ningún.