Concurso de Escaparates de Nadal

Flor de Lis, Estanco nº 5 e Edeben, galardoados, respectivamente, cos tres primeiros premios do concurso de Escaparates de Nadal do Concello

Os establecemento comerciais Flor de Lis, Estanco nº 5 e Edeben, son por este orden os gañadores dos tres primeiros premios do Concurso de Escaparates de Nadal que organizou o concello do Carballiño.

Os premios foron entregados esta mañá pola concelleira de Comercio, Silvia Baranda, que lles fixo entrega aos propietarios destes establecementos dos correspondentes diplomas acreditativos.

Publicidade Premer na Imaxe

O concurso, ao que se presentaron doce comercios, está dotado con 450€ en premios: 200€ para o primeiro, 150€ para o segundo e 100€ para o terceiro.