O GRUPO POPULAR DO CONCELLO DO CARBALLIÑO PRETENDE QUE A CONSELLERIA DO MEDIO RURAL DA XUNTA DE GALICIA EXECUTE UN PROXECTO PILOTO DE RECUPERACIÓN DE TERRAS PRODUTIVAS NA ÚNICA CONCENTRACIÓN PARCELARIA EXISTENTE NO CARBALLIÑO.
SERÍA NA CONCENTRACION PARCELARIA DE SANTA UXIA DE LOBÁS QUE CONTA CON 266 HECTÁREAS.
EXECUTARÍASE UN PROXECTO PRODUTIVO CONSENSUADO COS SEUS DONOS, POTENCIANDO ESTOS TERREOS E XERANDO EMPREGO E RIQUEZA.
Trátase de que a Conselleria de Medio Rural acepte facer un proxecto piloto na concentración parcelaria de Santa Uxía de Lobás, para que se teñan as reunións pertinentes cos seus propietarios e se analicen todas as opciónspara o desenrolo da zona.
A Consellería de Medio Rural está a piques de aprobara Lei de recuperación de terras produtivas,que xa está ultimada.
O propio Conselleiro de Medio Rural ten dito que se procurará a realización de proxectos pilotos para empezar a desenvolver esta Lei, que virá acompañada de fortes inversións para os sectoresagrarios, gandeiros e forestais, e que procurará dar un empurrón importante para que o noso solo rural pase de ser improdutivo a xerador de riqueza.
No Concello do Carballiño, existe unha concentración parcelaria na Parroquia de Santa Uxía de Lobás cunha superficie total de 266ha que foi motivo dun longo proceso que comezousobre o ano 1995 e que tivo a entrega de títulos no ano 2011, onde se pasou de 4774 fincas a un total de 887,afectando a 320 titulares.
Foron varios os proxectos que desde aquela se pretenderon nestes terreos, sen que ningún deles dera conseguida estabilidade no tempo,o que fixo que os donos das terras caesen no desánimo e non insistisen en novas iniciativas.
Recordemos como durante poucos anos se plantou trigo, e se analizaron proxectos como a oliveira entre outros.
Na actualidade a inmensa maioría do solo ten un nulo aproveitamento, non constando un proxecto agrario, gandeiro ou forestal que de ser acometido en conxunto por os seus propietarios puidera ser sostible no tempo.
Entendemos que as circunstancias que fan coincidir a implantación da nova Lei de recuperación de terras produtivas da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia coa existencia dunha concentración parcelaria no noso territorio, necesitada dun proxecto que sexa atractivo para os seus donos, e no que se vexa unha oportunidade de poñer ao día estas terras cun aproveitamento económico.