Comunicado : BNG-CxG-EC-Podemos-PP

O GRUPO DE GOBERNO SOCIALISTA DO CARBALLIÑO CONVERTE UNHA CONVOCATORIA QUE TIÑA QUE SER ABERTA Á PARTICIPACIÓN DE TODA A SOCIEDADE EN REPULSA POLO ASASINATO MACHISTA OCORRIDO O SÁBADO NA PASTORIZA NUN ACTO SECTARIO NO QUE PARTICIPARON VARIOS CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS DO GRUPO SOCIALISTA E ALGUNHAS TRABALLADORAS DO CONCELLO DO CARBALLIÑO.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a oposición denunciamos publicamente o afán de protagonismo do PSOE ao facer unha convocatoria pechada.
Este pasado sábado 25 de xaneiro, ven de cometerse o asasinato de unha veciña a máns do seu marido na Pastoriza, Lugo. Con esta xa é a sexta vítima de violencia machista que é asasinada no que vai de ano.
Unha violencia machista contra a que temos que loitar todas xuntas dende as institucións e dende a sociedade e colectivos veciñais.
Para amosar esa repulsa da sociedade e de todos e todas nos a estes actos que acaban coa vida das mulleres de xeito indiscriminatorio, só por ser mulleres, onte luns convocáronse distintas convocatorias abertas ao longo de toda Galicia ao longo da tarde. Convocatorias abertas e públicas para que esta loita contra a violencia machista sexa unha loita de todos e todas.
Por respecto ás vítimas e aos colectivos involucrados en esta loita, esperamos a hoxe para sacar esta nota deixando constancia da nosa total desconformidade co xeito de proceder do grupo de goberno socialista ao facer de unha convocatoria que tiña que ser aberta á participación a un mero acto de trámite no cal aparecer en dúas fotos nos medios cunha declaración pobre e improvisada.
Porque quenes teñen que ser as protagonistas reais en actos de repulsa e de loita contra estes asasinatos, son todas aquelas mulleres vítimas de esta violencia machista.
En primeiro lugar queremos denunciar a falla de repecto e de talante democrático por parte do grupo de goberno falando en nome da corporación sen falar ca corporación.
É inaceptable que nin tan sequera se avisase aos grupos da oposición nin á veciñanza, pero si tiveron a ben avisar aos medios informativos para poder darse protagonismo nos medios.
Pero xa non é a primeira vez que o grupo socialista se fai “protagonista único” de actos de este xénero e de outras convocatorias que teñen que servir para unir e non para encabezar de parte.
E xa de aquelas expresabamos o noso descontento e total desconformidade co xeito de proceder.
Dende os distintos partidos con representación municipal, Partido Popular, Espazo Común e Bloque nacionalista Galego, como dende os partidos sin representación, Podemos e Compromiso por Galicia, expresamos a nosa total desconformidade co xeito de proceder do Grupo de goberno socialista ao converter un acto de participación masiva e de repulsa contra a violencia machista, nun mero acto de trámite para sacar dúas fotos e ser protagonista nun día no que a morte de unha muller parece que carece de total importancia.