Fran Fraga Candidato as Eleccións Autonómicas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

FRANCISCO JOSÉ FRAGA CIVEIRA SERÁ O CANDIDATO ÁS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE ESPAZO COMÚN-RECORTES CERO-OS VERDES POLA PROVINCIA DE OURENSE

A súa experiencia de doce anos como exemplar alcalde dun concello situado no epicentro da debacle poboacional outorgalle un inmellorable punto de partida para loitar pola defensa da provincia esquecida

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por unanimidade, as bases de Espazo Común, tomaron o acordo de designar a Francisco José Fraga Civeira coma número 1 da súa candidatura para as vindeiras eleccións autonómicas do 5 de abril pola provincia de Ourense.

A proposta foi igualmente aprobada con apoio total polos socios da coalición que concorrerá a este proceso, Recortes Cero e Os Verdes.

A experiencia política que atesoura a pesares da súa xuventude foron factores decisivos no apoio total recibido pola proposta.

Alcalde de Piñor entre 2003 e 2015, vicepresidente executivo da FEGAMP entre 2007 e 2011 ao que suma a portavocía do Grupo Socialista na Deputación de Ourense, Fran Fraga pode presumir de ter sido un dos rexedores máis novos de Galicia e de ter loitado a brazo partido dende este posto contra a inercia negativa dos concellos pequenos desta provincia.

Durante o seu mandato, Piñor conseguiu un enlace coa autovía Ourense-Santiago que evitou o illamento deste concello; creou servizos daquela case inéditos para a atención das persoas maiores coma o de lavandería ou xantar a domicilio; puxo en marcha servizos de conciliación para fixar a poboación máis nova, impulsou a compostaxe doméstica e conseguiu que Piñor fose un referente en Galicia en materia de medidas de apoio á poboación rural.

Fran Fraga afronta o reto cunha tremenda ilusión e consciente das dificultades que conleva levar a unha coalición de pequenos partidos a pelexar por un posto no parlamento galego cos grandes partidos tradicionais e o seu poderío.

Sen embargo, afirma ter a certeza de que “desta volta, Ourense espertará e fará valer a súa voz para dicir basta”.

Fraga cifra en 10.000 votos os necesarios para que a provincia de poida contar á fin con representación propia e exclusiva en Santiago.

“É necesario que alguén defenda a Ourense sen ter que render contas a  Madrid, Santiago ou Vigo. Nesas ecuacións sempre saimos perdendo. Os datos e a involución de tódolos indicadores socioeconómicos falan por si mesmos”

Confía en elaborar unha lista o máis representativa posible das comarcas, das problemáticas e das realidades de cada recuncho da xeografía provincial para que a cidadanía teña cada vez máis claro que de querelo así e apoiar a súa candidatura, á fin “Ourense decide”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------