‘DECANTER SPAIN & PORTUGAL ENCOUNTER’

IES CHAMOSO LAMAS

A D.O. RIBEIRO ATRAPA AO PÚBLICO LONDINENSE NO ‘DECANTER SPAIN & PORTUGAL ENCOUNTER’

Un total de 18 adegas da D.O. Ribeiro participaron con 22 dos seus viños no evento Decanter Fine Wine Encounter a través do seu showroom así como na cata maxistral impartida pola Master of Wine inglesa Sarah Jane Evans.

HIPER MASIDE

Por segundo ano consecutivo, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, participou no showroom Spain & Portugal Encounter organizado por Decanter o pasado sábado, 29 de febreiro, no The Landmark Hotel de Londres. Vintedous dos viños da denominación foron presentados aos winelovers e ao público profesional al longo da xornada a través dun espazo “especial Galicia” no salón, con con outros viños tanto españois como portugueses. Ademáis, tamén inclúe a presentación dun viño branco e un viño tinto na  masterclass “Discovering Galicia with Sarah Jane Evans MW”. Unha acción, xunto coas outras catro denominacións vitivinícolas galegas,  enmarcada dentro do Plan de Internacionalización da Denominación co apoio do IGAPE, Xunta de Galicia e Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

As adegas ‘’Adegas Celme’’, ‘’Adega O Cotarelo’’, ‘’Adega Pousadoiro’’, ‘’Adega Ramón do Casar’’, ‘’Bodega Alanís’’, ‘’Bodegas Casal de Armán’’, ‘’Bodegas Señorío de Beade’’, ‘’Bodegas Loeda’’, ‘’B y V Pazo de Casanova’’, ‘’Canción de Elisa’’, ‘’Iria Otero Viños con Memoria’’, ‘’Nairoa’’, ‘’O Alborexar no Ribeiro’’, ‘’Pablo Vidal Vinos con Personalidad’’, ‘’Pateiro Vinos de Guarda’’, ‘’Terra do Castelo’’, ‘’Vinos Antonio Montero’’ e ‘’Viña Costeira’’ sorprenderon gratamente aos centos de visitantes que acudiron ao encontro grazas á súa diferenza de variedades de uva nos seus viños.