Ribeiro en Común esixe probas Test para o Asilo de Ribadavia e para o servizo municipal de Axuda no Fogar.

Reclamamos tamén a desinfección interna do Asilo, como medida de prevención.

Non admitiremos que Ribadavia sexa discriminada na realización de probas a todos os profesionais que traballan con persoas de avanzada idade. Parécenos moi ben que se realice de maneira sistemática a proba-test noutras Residencias, como ven de facerse público onte,pero non imos admitir que se continúe a discriminar a Ribadavia

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe vimos de comprobar que a maioría das nosas peticións de Prevención e seguridade, todas propostas para mellorar a situación da Crise no noso municipio, continúan sen ser tidas en consideración polo actual goberno.

O Alcalde e o goberno local debe centrar todos os esforzos do Concello en conseguir realizar os Test nas nosas traballadoras e traballadores e en realizar tarefas de desinfección interna no noso Asilo.

Non admitiremos nin discriminacións nin favoritismos que diferencien as Residencias pola súa titularidade. Non admitiremos tampouco que as probas-test non se xeneralicen a todas as Residencias e ao persoal de Axuda no Fogar dos Concellos.

Consideramos que urxe:
– a desinfección interna do Asilo por parte do Concello.
– a realización da proba- test a todas as traballadoras e traballadores do noso Asilo e do noso servizo municipal de Axuda no Fogar.

De non facerse isto, todas as medidas necesarias adoptadas serán incompletas.
Consideramos que esta dúas medidas son urxentes e non entendemos nin compartimos que non se levaran aínda a cabo.

Seguiremos insistindo nesta reclamación con unidade e lealdade institucional, pero sempre priorizando o benestar da xente , porque só xuntos e xuntas sairemos adiante.