O PSDEG-PSOE de O Carballiño califica de miserables as declaracións de Espazo Común contra o tenente alcalde

O grupo de goberno e o PSOE do Carballiño está volcado ca veciñanza para intentar paliar esta crise sanitaria e económica, ao igual que , entenden, o resto de forzas políticas e gobernos municipais
Os socialistas carballineses manifestan que dende o primeiro momento se levou a cabo un seguimento do censo das personas máis maiores que viven solas no Concello do Carballiño, no rural e no casco urbán
Ante as declaracións vertidas esta semana polo partido Espazo Común de O Carballiño, baixo o seu voceiro Pachi Vazquez, onde acusan ao concelleiro e tenente de alcalde Manolo Dacal de repartir as mascarillas dunha forma “amiguista e caciquil”. Tanto o tenente alcalde, Manolo Dacal, coma o goberno municipal e os socialistas do Carballiño queren deixar claro que “todo se trata dunha mentira e responde á manipulación de quen non se pode esperar nada máis miserable”.
Os socialistas carballineses manifestan que dende o primeiro momento se levou a cabo un seguimento do censo das personas máis maiores que viven solas no Concello do Carballiño, no rural e no casco urbán. Así, entre outras accións, se decidiu repartir mascarillas a maiores de 80 anos que viven solos, por ser de alto risco, así como a aquelas personas que podan presentar patoloxías ou afeccións ás que o virus poda poñer en perigo a súa vida que, previamente, contacten co concello. Labor que, entre outros, está a levar Manolo Dacal. É necesario decir, insisten, que “todo o material que se subministra queda rexistrado con nome e apelidos no concello, sexa veciño ou traballador municipal. Esto é, se alguén dona material, pode saber para quen foi repartido”.
O grupo de goberno e o Psoe do Carballiño está volcado ca veciñanza para intentar paliar esta crise sanitaria e económica, ao igual que , entenden, o resto de forzas políticas e gobernos municipais. Por eso afirman que “lamentamos, unha vez máis, que se utilice este contexto para facer política tan desprezable por parte de quen ten representación na corporación local e tivo responsabilidades de goberno. Utilizando, por certo, uns adxectivos que parece que coñecen ben”.
Por último recordan que o concello segue a disposición de quen o precise e aplauden o comportamento exemplar que está a ter O Carballiño durante o confinamento e tamén pola solidaridade que se está a ver entre familias, amig@s e veciñ@s. Que, sen dúbida, son parte eficaz da loita contra a actual pandemia.