Adeus a un home entregado enteiramente ao traballo e a Clube Deportivo Arenteiro.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

In Memoriam

A primeira hora da mañan, despois de abrir o establecemento hoteleiro na Nacional 525, no Reino, dirixía o seu rumbo hacia Señorín en terras de O Carballino, motivado polo eido natal, alen da agricultura e a gandería, para alimentar os animais e recoller os froitos que mais tarde servirían nas mesas aderezados con outros chegados das mellores prazas de Galiza polas mans culinarias e o saber da súa dona Erundina Vazquez e o fillo, Juanma, herdeiro dos fogóns dunha casa a que día a día acuden comensales de toda Galicia  e alen Miño. Juan F. Muñoz Pérez, coñecido popularmente como “O Pilán”, concentrou a sua actividade laboral ao longo de catro décadas sempre a carón dos seus e gozou dun lugar privilexiado no Torrón carballinés, consagrado ao traballo e ofrecendo a beira da estrada N-525, no seu paso polo Reino a hospitalidade esplendida da súa casa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

De xóven destacou como futbolista no campo de Espiñedo coa camiseta do Club Deportivo Arenteiro o que sempre  seguiu vinculado como socio.
Agora tampouco serán iguales os xogos de cartas e os partidos de futbol que se seguían na Cafetería, na que continuará outro slabón da cadena familiar, a súa filla Sonia. A todolos familiares condolencias desde estas páxinas carballinesas

Manuel Alfonso Estévez Diego Axitador cultural