O concello do Carballiño comezou a enviar mascarillas por correo

IES CHAMOSO LAMAS

O CONCELLO COMEZOU A ENVIAR POR CORREO POSTAL MÁIS DE DUAS MIL MASCARILLAS ÁS PERSOAS MAIORES DE OITENTA ANOS E CONXUXES

O concello do Carballiño comezou onte o envío por correo postal de máis de 2.000 mascarillas ás persoas maiores de 80 anos e cónxuxes  que residen no municipio carballiñés.

HIPER MASIDE

Os sobres que conteñen as mascarillas están sendo preparados por persoal do concello debidamente protexido, e remítense aos domicilios das persoas que se atopan no tramo de idade senalado.

En canto remate este envío e o concello poda dispoñer de máis mascarillas, está previsto efectuar outro reparto ás persoas comprendidas entre os 70 e 80 anos.

O obxectivo do concello é que as persoas que se atopan en idade de risco polo Covid-19, podan dispoñer dalgunha mascarilla.

O concello quere agradecer a colaboración e o esforzo da oficina de Correos do Carballiño, para entregar os sobres nos correspondentes domicilios da contorna municipal.