A Xunta renova o firme na AG-53 entre Dozón e San Cristovo de Cea

A Xunta abre o prazo de presentación de ofertas para executar a renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, cun investimento de 4,8 millóns de euros

As empresas poderán presentar as súas ofertas para realizar estas actuacións ata o vindeiro 20 de maio

AVANTAR ACTIVIDADES

O Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, acordou hoxe o inicio do cómputo destes prazos, que quedaran interrompidos polo estado de alarma

O obxectivo desta axilización nos trámites administrativos é poder efectuar a intervención durante este ano e en condicións meteorolóxicas axeitadas

As obras, cun prazo de execución de seis meses, consistirán na reparación de danos superficiais e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais

A Xunta abre o prazo de presentación de ofertas para a execución das obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea, cun investimento de máis de 4,8 millóns de euros.
O Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, acordou hoxe o inicio do cómputo do prazo de presentación de ofertas para realizar esta actuación xa licitada, pero afectada pola suspensión de prazos nos procedementos administrativos unha vez declarado o estado de alarma.


A resolución, que se publica hoxe na plataforma de contratos públicos Xunta, indica que as empresas interesadas na execución das obras poden presentar as súas ofertas ata o 20 de maio. No caso do contrato do servizo de control e vixilancia, o prazo finaliza o 11 de maio.
O obxectivo da axilización nos trámites administrativos é poder executar a intervención durante este ano e en condicións meteorolóxicas axeitadas.


A actuación, cun prazo de execución de seis meses, desenvolverase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56+320 e 74+200 da autoestrada.
Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.


Tamén se levarán a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.
Esta intervención está enmarcada no mantemento das estradas autonómicas que vén realizando a Xunta co fin de garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade na comunidade.