Espazo común propuxo que o imposto de vehículos se poida pagar ata final de ano

O IMPOSTO MUNICIPAL DE CIRCULACIÓN DOS VEHÍCULOS (IVTM) PODERÁ PAGARSE ATA FINAL DE ANO SEN RECARGOS NIN INTERESES

Ante as queixas recibidas pola finalización do prazo este xoves 30, Espazo Común propuxo esta medida na xunta de voceiros e ise foi o compromiso adquirido

AVANTAR ACTIVIDADES

Foron moi numerosas as queixas de cidadáns recibidas por Espazo Común a causa da obriga imposta polo goberno carballiñés de ter que aboar o pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) como data límite este xoves 30 de abril.

As circunstancias de moitos dos obrigados ao pagamento son difíciles pois hai un gran número de cidadáns, por exemplo, os afectados polos ERTES, que levan dende primeiros de marzo sen percibir ingreso algún.

Por todo isto, na reunión mantida na mañá de onte co resto de grupos municipais, o noso voceiro, Adolfo Nogueira, espuxo a proposta de ampliación do período de pago coma prioritaria e urxente.

A iniciativa contou co compromiso do alcalde de non cobrar recargo nin intereses de ningún tipo para tódolos cidadáns que fagan o abono dentro deste ano natural, é dicir, se se cumple o acordado, o prazo amplíase de xeito tácito ata o 31 de decembro.

No día de hoxe, rexistraremos un escrito para que se concrete cun documento administrativo firme a garantía do cumprimento deste acordo.