A CH Miño-Sil inicia as obras de depuración do núcleo de Vilar de Condes, T.M. de Carballeda de Avia (Ourense)

O investimento previsto supera os 170.000 €, sendo sufragados nun 80% polo Organismo de conca e o 20€ estante polo Concello

Segundo convenio rubricado entre ambas as administracións o 11 de outubro de 2019

AVANTAR ACTIVIDADES

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, inicia óbras depuración do núcleo de Vilar de Condes en Carballeda de Avia (Ourense).

O sistema de depuración do núcleo de Vilar de Condes, de poboación inferior a 200 habitantes, atópase nunha zona moi próxima ao leito dun río; aínda que a depuradora funciona correctamente en condicións normais, cando se producen episodios de avenidas do río Campolongo, a instalación existente asolágase, deixando de ser operativa e coa consecuente vertedura contaminante ao citado leito.
Por esta razón, a Confederación Hidrográfica do Miño Sil en colaboración co concello de Carballeda de Avia, estimaron conveniente a execución dunha nova EDAR no núcleo de Vilar de Condes, situada fose de zona inundable, dimensionada para depurar a totalidade das augas residuais de Vilar de Condes.
Para poder levalo a efecto, ambas as administracións asinaron, o pasado 11 de outubro, un Convenio de colaboración que posibilita estas actuacións e no que se inclúe a execución das mesmas, que levará a cabo polo Organismo de conca, o financiamento, cuxo porcentaxe se acordou nun 80% CHMS e 20% concello, así como a entrega posterior ao Concello, para o seu mantemento e conservación.

O proxecto
A nova depuradora cumprirá os requisitos esixidos pola normativa vixente en canto á súa capacidade de depuración das augas residuais, co menor custo de mantemento e explotación posible, e primando a sinxeleza e a facilidade de explotación.
Esta instalación estará dotada dun sistema de pretratamiento con reixa de debaste de grosos e arquetón con desarenador e aliviadoiro; tratamento primario con fosa séptica e cámara de descarga; e tratamento secundario con leitos bacterianos, pozo de rexistro para toma de mostras, medida de caudal tratado e condución de vertedura ao leito do río Campolongo.
Acondicionarase, ademais, o interior da parcela con pavimento de material granular onde se prevexa a circulación de vehículos de mantemento e executarase un peche perimetral do recinto da EDAR dotado de portón de entrada. Finalmente, procederase á demolición e retirada dos elementos que conforman a EDAR actual e restaurarase a superficie afectada.
O investimento previsto supera os 170.000 euros que inclúen a redacción do proxecto, a execución das obras e a asistencia técnica á dirección das mesmas.
Estas actuacións, que deron comezo hoxe, 27 de abril, executaranse nun prazo de 6 meses.