Remataron as probas de covid-19 nas Residencias, das que 102 estan libres de casos

CON MAIS DE SETE MIL CINCOCENTAS PROBAS DIAGNÓSTICAS REALIZADAS OURENSE CONCLÚE O CRIBADO DE RESIDENCIAS

  • Recolléronsemostras a 4.891 residentes e 2.654 traballadores e traballadoras, para a realización da proba diagnóstica de Covid_19, mediante PCR.
  • 102 residencias e vivendas comunitarias da provincia están libres de casos
  • A falta dun reducido número de resultados estímase que a incidencia da Covid  redúcirase a un 5% das persoas residentes e ao 2% do seu persoal

Á Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ven de concluir o cribado das 126 residencias e vivendas comunitarias existentes na provincia, con de 7.545 probas diagnósticas realizadas á totalidade dos seus residentes e traballadores e traballadoras, seguindo o protocolo establecido pola Consellería de Sanidade, para reducir o impacto desta enfermidade e mellorar a resposta asistencial entre esta poboación, especialmente vulnerable.

AVANTAR ACTIVIDADES

En total, en Ourense recolléronse mostras a 4.891 residentes e 2.654 persoas que traballan nelas, para a realización da proba diagnóstica de Covid_19, mediante PCR. Un labor que foi realizado polo persoal dos once equipos de recollida de mostras de Ourense, Verín e Valdeorras, que traballaron arreo, en xornadas de mañá e tarde, todos os días da semana, para percorrer as residencias e vivendas comunitarias, públicas e privadas, da provincia e conseguir rematar, o maior cribado que se realiza na nosa Comunidade, en menos de vinte días.

A falta dos resultados de 17 das últimas residencias visitadas, os datos obtidos ata hoxe son esperanzadores, cun 102 residencias e vivendas comunitarias libres de contaxios e unha estimación de incidencia por debaixo do 5% en residentes e do 2% do seu persoal. Moi lonxe dos niveis de impacto doutras comunidades ou países, pese a que estes centros presentan un elevado risco de contaxios. Risco derivado da convivencia, nun espazo pechado, de numerosas persoas de idade avanzada ou dependenza, moitas veces con saúde fráxil e pluripatoloxías crónicas.

Ademais deste cribado, periodicamente os equipos de recollida realizan unha segunda volta de mostraxe, naquelas residencias ou vivendas nos que se detectou algún positivo, o que permitíu comprobar que, a día de hoxe 131 dos residentes que resultaron positivos ao contaxio, deron negativo na proba realizada en días posteriores, o que supón un respiro tanto para o persoal destes centros como para o persoal que desde o Sergas están a realizar o seu seguimento. Este é o caso da Residencia Galisenior, que tras varios positivos   está xa libre de contaxios, tras as ultimas probas realizadas.

Cento dúas Residencias e Vivendas Comunitarias libres de contaxio

Ata o momento as residencias que non tiveron ningún caso positivo no momento do cribado, tanto entre o seu persoal como residentes, son as de Alvetus, en Avión; Residencia Santa Marta, Ourense; Domusvi Pereiro; Santa Cruz, Santa Cruz de Arrabaldo; Residencia Ramirás; Santa María, Ourense; Domusvi Barbadás; Residencias Los Olivos, A Peroxa; Residencia Natividad de Santa María, Vilamartín de Valdeorras; Domusvi Ourense; Residencia Os Pinos, A Rúa; Residencia Viana do Bolo; Residencia Los Milagros, Vilamartín de Valdeorras; Quercus, Leiro; Val de Monterrei, Monterrei; Nosa Sra. Do Socorro, Arnoia; Fogar de Santa María, Verín; Nuestra Señora de Fátima, A Rúa; Residencia de O Bolo; Residencia A Veiga; Domusvi Larouco; Residencia Esgos; Residencia Gabino García Fernández, Manzaneda; O Lecer dos Avoiños, Coles; Luces do Sil, Parada do Sil; Chandrexa de Queixa; Residencia da Terceira Idade de Trives; San Martiño de Luíntra; Porqueira; Nuestra Señora dos Miragres, Barbadás; Ntra. Sra. dos Anxos, Ribadavia; Virxe da Clamadoira, Muiños; Ntra. Sra. das Neves, Maceda;  Sta. María de Melón; San Pedro de A Merca; e Ntra. Dra. De la Salud, A Peroxa.

Aspanas de Velle, Ourense; San Antonio de Beariz; La Saleta de Cea; Nosa Sra do Viso, Lobeira; Domusvi Bande;  Santa María la Real, en Entrimo; Residencia de Adultos de Ceboliño, Ourense; San Xoan de Río; As Flores; Ourense: San Martín, A Mezquita; Santa Mariña, Xinzo de Limia;  Virgen Blanca, Ourense; Domusvi Barra de Miño, Pereiro de Aguiar; A Carballa, Coles; Santa Catalina , Amoeiro; Las Salinas, Ourense; Carballeda de Avia; N. Sra. Mundil; Cartelle; Noogueira de Ramuín; Gravemente Discapacitados de Aspanas, A Peroxa; Santiago Apostol; Monterrei; Gogar San Amaro; R. De Maiores de Bande; N.Sra. De Villanueva, Allariz; R. Alameda, Ourense; Carballeda de Valdeorras; Casa Grande de Maside; Stgo. Apostol de Vilamarín; Dacón; As Caldas; Carballiño; Sta. Mariña de Augas Santas; Allariz; Gravemente Discapacitados Valverde, Allariz; R. Adultos O Cabaceiro, Paderne de Allariz; Agarimo, Allariz; Morgade, Xinzo; Blanco Amor, Boborás; Asociación Morea; O Toural, Cualedro; Miño; Ourense; Rairiz de Veiga; Vilardevós; Vilar de Barrio; Sta. Mª de Montederramo; R. Para persoas con Dependencia de Carballiño;

Os resultados das probas tamén arroxan cero contaxios nas vivendas comunitarias: San Roque de Viana do Bolo; Santa Alicia de A Bola; Xandín de Rábeda, San Cibrao de Viñas; Don Pepe e Isa de Entrimo; Edades, Ourense; N.Sra Lourdes, a Manchica; O Albergue, Verea; Xeitos, Ourense; El Carmen, Cartelle; O Fiadeiro, Gomesende; Nais, Ourense; Paseo, Ourense; Las Gardenias, Ourense; A túa Outra Casa, O Viso; Cerval, Amoeiro; Casa Lao, Gomesende; Xacebáns, Quintela de Leirado; Rectoral Rebello, Toén; San Marcos, Ourense; Fundación Amaranta, Ourense; Virxe do Amparo, A Peroxa; Alfredo Romero, Ourense.

Residencias Integradas e Unidades Residencial Medicalizada

Ademais do cribado, xa desde o pasado mes de marzo, persoal dos Centros de Saúde,  Puntos de Atención Continuada da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e, moi especialmente, das Unidades de Hospitalización a Domicilio, continúan  a supervisar a asistencia dos centros socio sanitarios, e residencias da terceira idade da provincia. Facendo tamén un seguemento continuado da súa situación e necesidades asistenciais.

Os abrochos de contaxios nas residencias foron precisamente un dos puntos mais críticos desta pandemia na nosa provincia, derivado do alto número de poboación acollida e ao carecer, moitos destes centros, de persoal sanitario e/ou facultativo propio.

Como resposta a esta situación procedeuse á posta en marcha da Residencia Integrada de Os Miragres, en Baños de Molgas, para acoller a residentes positivos de distintas residencias que non podían garantir a súa correcta atención e, posteriormente, tamén a apertura dunha planta no hospital de Piñor, onde se habilitou unha Unidade Residencial Medicalizada, que permitíu acoller tamén a residentes dependentes ou con limitacións de mobilidade. Ata agora en ambos dispositivos xa se rexistraron 80 altas.

A Unidade de Piñor está a funcionar como unha unidade mais do Hospital Universitario de Ourense, con persoal sanitario e non sanitario propio, mentres que a atención médica corre a cargo dun equipo de especialistas de Medicina Familiar e Comunitaria voluntarios, de distintos Centros de Saúde e Puntos de Atención Continuada da provincia.  Igualmente  conta con cobertura por parte dos servizos diagnósticos e centrais, como Farmacia Hospitalaria, Recursos Materiais, Loxística, Mantemento, Cociña, etc.