APERTURA DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LIBROS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Biblioteca Pública Municipal abriu hoxe o servizo de préstamo e devolución de libros, cuxo funcionamento rexirase polo cumprimento de normas específicas para maior seguridade das persoas usuarias e co obxectivo de previr posibles contaxios por causa do covid-19.

Publicidade

A apertura deste servizo terá lugar de luns a venres, agás festivos, nos seguintes horarios: de 10,00 a 13,00 e de 17,00 a 20,00 h.

Así mesmo, só se atenderá baixo cita previa, vía telemática, biblioteca@carbalino.gal, telefónica e wassap 669645044; ou no facebook da biblioteca.

Só se atenderán os préstamos e devolucións de libros.

Polo momento, non se poderá realizar o servizo de consulta da prensa diaria nas instalacións, para reducir o risco aos usuarios.

O funcionamento da Biblioteca Municipal neste período rexirase polas seguintes normas:

NORMAS

  • Prégase a todolos usuario@s que respecten as normas.
  • Será obrigatorio o uso de luvas, postas a disposición dos usuari@s asi coma un dispensador de solución hidroalcóholica.
  • Deberanse seguir as instruccions dos traballadores da biblioteca e depositar os exemprales de devolucón no espazo habilitado para tal cometido
  • Non se terá contacto físico tanto cos libros coma co mobiliario para evitar riscos para o resto dos usuarios.
  • Recoméndase a utilización de mascarillas, pantallas protectoras ou demais medidas preventivas.

As solicitudes resolveránse por orde de chegada. Na petición deben constar todos os datos posibles (autor, obra, editorial) para permitir ao persoal a súa búsqueda. A confirmación de que a obra (ou obras) están listas para ser recollidas realizarase pola mesma vía de contacto, nun prazo máximo de dous días hábiles. Os libros serán postos a disposición na segunda planta, no horario anteriormente establecido, e na terceira planta en horario de tarde

Email: biblioteca@carbalino.gal

Teléfono e wassap: 669645044

Facebook biblioteca: