O CCA do Carballiño agradece o entusiasmo dos veciños coa apertura dos establecementos

IES CHAMOSO LAMAS

O cca do carballiño agradece o entusiasmo dos veciños coa apertura dos establecementos nesta fase unha e lles solicita axuda e comprensión

Dende a asociación valoran positivamente estas dúas semanas de fase unha que implicaron a apertura dos comercios minoristas así como as terrazas dos bares. O CCA actualiza continuamente as medidas que van cambiando incluso dentro da mesma fase.

HIPER MASIDE

VIDEO

De feito, nestes días ainda cambiaron varias cuestións. Primeiro a prohibición das rebaixas, que despois se autorizaron e tamén dende este luns puideron abrir os establecementos de mais de 400 m² sempre que acotaran eses metros como único espazo de uso. O CCA agradece o enorme esforzo dos tenderos e hostaleiros así como dos clientes por encher, o que se poida, estes establecementos.

O que sí que reclaman, sobre todo aos clientes da hostalería é que colaboren no cumplimento das normas de protección da saúde para facilitarlles o seu traballo agora que ainda é mais complexo