O Concello de San Amaro entregará esta fin de semana kits nos comercios, bares e restaurantes que poden proceder á reapertura e que permaneceron pechados dende a declaración do estado de alarma.

O kit que se entrega está composto por un desinfectante concentrado, mascarillas, xel hidroalcóholico e guantes.

Por outra banda, o Concello procederá ademais, á colocación de xel hidroalcóholico en todas as Igrexas e velatorios.