A asociación do bosque Ridimoas denuncia o roubo dos seus carteis que indicaban a prohibición da caza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta asociación denunciou esta semana ante a Garda Civil, a desaparición, o pasado día 31 de maio, de todos os letreiros informativos de “prohibido cazar” que tiñan colocados na paraxe A Barbaña, dentro das parcelas propiedade do bosque Ridimoas, a ambos lados do regato Caldelas, e no linde co Tecor societario de Leiro OU-10184.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Indican  que os carteis oficiais xa llos roubaron tamén pero que os carteis particulares seguen tendo validez informativa. A lei de caza de Galicia informa de que o propietario que non quere que se cace no seu terreo debe facelo visible na súa parcela, como eles fixeron.
Informan dende a asociación que a Xunta na lei de caza deixa claro que o gasto de sinalizar e fabricar o cartel corre a cargo da persoa física ou xurídica que desexe que non se cace. E así din que llo recordan en cada carta que lles envían autorizando a segregación dunha nova parcela de Ridimoas.