Nota do Psdeg-Psoe de Leiro sobre a ponte das Poldras

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O portavoz municipal Manuel Rodriguez do PSdeG-PSOE no concello de LEIRO, reproba ao Grupo de Goberno do Partido Popular pola situación na que se encontra a ponte das Poldras e afirma que “neste caso non valen escusas e botarlle a culpa ao COVID-19 xa que o sector da construción apenas parou nesta pandemia” e témoslle que lembrar ao Rexedor que no pasado mes de Febreiro acordouse en pleno, a traves dunha Moción presentada polo noso grupo municipal de que se actuaria por parte do concello coa máxima urxencia, unha vez que o caudal do rio Avia baixase e obtivésense as autorizacións necesarias”.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Manifestan os socialistas “que despois de catro meses, non hai ningún tipo de actuación na ponte das Poldras, por iso poñémoslle memoria ao Goberno Municipal que se hai que poñer a traballar na mesma, debido ao se deterioro, polo motivo de que un dos alicerces esta en moi mal estado e este inverno pasado unha das laxas resulto rota e así o recoñeceu o rexedor municipal polo motivo de que pasar maquinaria pesada sobre a mesma”.

Esta ponte utilizábase na Idade Media para transportar o viño desde Ribadavia a Santiago e mesmo une os nucleos de Leiro e San Clodio, “a parte de que é unha monumental no medio dunha paisaxe bucólicad e de gran beleza, por iso que hai que salvagardar a mesma, porque unha cousa fermosa é un gozo para sempre”, remarca o portavoz socialista

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------