Dentro do Plan de Rehabilitacións sectoriais e equipamento o Consello da Xunta aprobou varias inversións en centros de Galicia . 250000 € iran para o IES Nº 1 do Carballiño
O Plan de Reactivación inclúe unha nova categoría, as obras de rehabilitación sectorial, cuxo obxectivo é impulsar as pequenas e medianas empresas, ao tempo que se axilizan os trámites para acadar unha execución máis rápida. Serán un total de 34 obras por un importe aproximado de 8,5 millóns de euros, que se centrarán nas problemáticas máis comúns nos centros: cubertas, carpintarías exteriores, iluminación eficiente, aseos, reparacións pequenas e pintura. O orzamento calcularase facendo unha extrapolación das partidas e prezos dos proxectos xa testados de rehabilitación enerxética e integral.
Dado que son obras que non afectan a estrutura e estanquidade; substituirase a licenza municipal por comunicación previa, co fin de acurtar prazos. Ademais, para a axilización dos trámites agruparanse as licitacións –que serán abertas e tramitadas polo procedemento de urxencia, o que reduce os prazos a 13 días– en 4 contratos tipo: proxecto de rehabilitación sectorial de carpinteira exterior, de substitución de cuberta, de substitución de luminarias e de acondicionamento xeral.
Este tipo de actuacións contribuirá especialmente á activación das empresas de pequeno e medio tamaño especializadas
Na provincia de Ourense os centros beneficiados son :
