Expourense celebra o décimo cuarto simposio sobre enerxías renovables

Esta xornada, dirixida a profesionais do sector da edificación, é de carácter gratuíto, previa inscrición en www.expourense.org e pode seguirse en liña ou de forma presencial.

O obxectivo é poñer en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios sostibles, eficientes coa tendencia ao “consumo case cero” presentando para iso casos de éxito e as tendencias en solucións arquitectónicas e instalacións de climatización con enerxías renovables que marcan as principais liñas de traballo no sector. Este será o eixo sobre o que virará o 14º Simposio sobre Enerxías Renovables e Arquitectura sostible que se celebrará en Expourense hoxe en horario de 09.00 a 14.30 h.

AVANTAR ACTIVIDADES