O Club Baloncesto Maside anuncia o fin da temporada

baloncesto en Maside

Desde o Club Baloncesto ante a imposibilidade de rematar a temporada pola crise do COVID19 anúnciase que non se retomarán os adestramentos ata setembro.

Publicidade


A través dun comunicado emitido polo presidente do clube, Óscar Castro, anúnciase que os adestramentos comezarán en setembro seguindo as recomendacións de sanidade e da Federación galega de baloncesto, para poder levar a cabo a práctica do deporte con total seguridade para os nenos e nenas.

A Federación galega de baloncesto comunicou fai un mes o remate de todas as competicións sen campións nin ascensos/descensos.

Por outra parte, sinalan que pronto iniciarán o prazo para inscrición de cara a vindeira tempada.