DESPOIS DE 120 ANOS AS HERMANITAS DOS ANCIÁNS DESAMPARADOS DEIXAN O ASILO DO CARBALLIÑO

Esta situación que se vai dar no Carballiño tamén se dará en outros concellos de Galicia.

A Orde relixiosa que vai reemplazar as Hermanitas na xestión do Asilo vai ser ”As Siervas de Jesús“.

Na actualidade as Relixiosas Siervas de Jesús están presentes en 18 nacións de catro continentes.

O Asilo é rexido por un Patronato que preside o obispo e no que participan o alcalde do Carballiño e o arcipreste.

O Partido Popular do Carballiño dirixirase ao Alcalde como membro do Patronato para que informe desta situación, e as consecuencias que poidan traer. Segundo Francisco Fumega, os traballadores e usuarios poden estar tranquilos:

VIDEO de Fumega

Os irmáns Prieto Pereira, Adelaida, Severino, Leandro e Juan Mª, foron benefactores da vila do Carballiño. Adelaida dispuxo do seu capital para fundar o asilo de Anciáns Desamparados. Os tres irmáns homes destinaron a herdanza dos seus pais ao seu sostemento, pero non sendo suficiente Severino, que fora xuíz en Cuba, doou á gran fortuna que recibira ao falecer a súa esposa.