A feira deste martes, 30 de xuño, será a primeira que conte con todos os postos de venda ambulante, incluido o sector téxtil e do calzado, desde a declaración da pandemia polo covid 19

O cen por cen dos postos de venda ambulante, incluídos os do sector textil e do calzado, confirmaron que acudirán á feira deste martes, 30 de xuño, e que o farán cumprindo con todas as medidas sanitarias e de seguridade requeridas na normativa de prevención polo Covid 19.

Entre estas medidas figuran que os postos estean situados a unha distancia mínima de 1,5 metros, ou ben que entre os postos colindantes haxa barreiras de separación, como mamparas, toldos de lona ou de outro tipo.

Así mesmo, os postos contarán con dispensadores de hidroxel para os clientes, e os vendedores e vendedoras levarán en todo momento mascarillas e guantes.

Tamén se deberá respetar a separación mínima de 1,5 metros entre as persoas que asistan á feira, e deberán usar mascarillas.

Ata agora, a feira só contaba con postos do sector do agro e alimentación, ademáis dos postos de venda de pulpo, e esta será a primeira desde a declaración da pandemia polo coronavirus na que veñan a totalidade dos postos habituais.

Por este motivo, o espazo que ocupan os postos na Avenida do Balneario será ampliado, co obxectivo de cumprir a normativa sobre separación naqueles casos nos que os postos colindantes non conten con mamparas ou algún tipo de barreiras de separación entre eles.

Tamén se esixirá a todos os postos que ao remate da feira recollan a totalidade do lixo que xeren, de maneira que non quede nada nas prazas, beirarrúas ou rúas. Desde o concello do Carballiño prégase a todas as persoas que visite