Acordo entre partidos políticos para a asistencia de interventores o 12 de xullo nos colexios electorais do carballiño.

Acordo entre partidos políticos para a asistencia de interventores e/ou apoderados na xornada electoral do 12 de xullo nos colexios electorais do carballiño.

Publicidade

Pola presente, remítese acordo entre os seguintes partidos por medio dos seus responsables locais no Carballiño para a xornada electoral do Domingo 12 PPPSdG-PSOE BNG ESCO-RC-OV-M GALICIA EN COMÚN-ANOVA MAREAS CIUDADANOS VOX ACORDO ENTRE PARTIDOS POLÍTICOS PARA A ASISTENCIA DE INTERVENTORES e/ou APODERADOS NA XORNADA ELECTORAL DO 12 DE XULLO NOS COLEXIOS ELECTORAIS DO CARBALLIÑO.

No Carballiño, a 7 de xullo de 2020

Do Protocolo no que se establecen as medidas preventivas en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 para o desenvolmento da xornada electoral do 12 de xullo de 2020, no seu punto 4 desenvólvese as Medidas Preventivas en materia de saúde pública ao COVID-19 e en concreto no punto 4.2 sobre medidas Organizativas detállase o seguinte:

–         Sen perxuizo do disposto no artigo 77 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, recoméndase que non coincidan simultáneamente máis dun/dunha apoderado/a do mesmo partido político en cada local electoral.

De acordo co disposto no artigo 79.2 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, só poderá asistir á mesa electoral un/una interventor/a de cada candidatura, sen prexuizo da súa posible substitución de acordo co expresado no artigo 79.3

Do articulado descrito, contémplase unha recomendación en canto á número de Apoderados/as por colexio electoral e unha obrigación máxima en canto a número de interventores por cada mesa.

Co fin de facilitar un maior distanciamento social durante a xornada electoral nos 11 colexios electorais e nas 19 mesas electorais que existen no Concello do Carballiño, por parte dos grupos políticos ou agrupacións con presenza de listas pola Provincia de Ourense, que se relacionan no pe do documento e que asinan,

ACORDAN:

1.- Que por cada partido político ou agrupación, en cada mesa electoral, estará presente en todo momento como máximo unha soa persoa, que poderá ser interventor/a ou apoderado/a

2.- Que por cada partido político ou agrupación, como asistencia ao colexío electoral, estará presente en todo momento como máximo unha soa persoa, que deberá ser apoderado/a

3.- No momento do reconto, poderá estar presente como máximo 2 persoas por partido ou agrupación.

En base a estos acordos, resulta o seguinte cadro ao que os asinantes se obrigan:

UBICACIÓN COLEXIO ELECTORALNº MESAS EN COLEXIO ELECTORALNº REPRESENTANTE  EN MESASNº REPRESENTANTE POR COLEXIO ELECTORAL
COSTOIA111
VEIGA111
MESEGO111
PARTOVIA111
SEÑORIN111
UCEIRA221
CALVO SOTELO221
SERVIZOS SOCIAIS221
CONCELLO331
AUDITORIO221
SALA EXPOSICION AUDITORIO331
 191911