O concello de Ribadavia aproba a convocatoria de subvencións das actuacións na área de rehabilitación da zona histórica de Ribadavia

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 6 de xullo de 2020, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións das actuacións de rehabilitación na área de rehabilitación da zona histórica de Ribadavia. Plan estatal de vivenda 2018- 2021. Real decreto 106/2018, do 9 de marzo. 16 convenio. Programa de rexeneración e renovación urbanas.

As bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e na páxina web do concello. As citadas bases e os seus modelos normalizados para a presentación de solicitudes facilitaranse no departamento de Urbanismo – Oficina de Rehabilitación da Zona Histórico do Concello de Ribadavia. As devanditas bases reguladoras entrarán en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e terán vixencia ata o 31 de decembro de 2021, data na que remata o Plan estatal 2018-2021, de non existir disposición que modifique ou prorrogue esta data de vixencia do Plan estatal para a aplicación do programa que se desenvolve nestas bases.

AVANTAR ACTIVIDADES